publicidade hoxe

Rematou a proba da XXV Marzo de Finisterre III Trofeo Repsol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFisterraLocalPorto do Son
A-
A+

CAROLINA, A RABUDA UN Y SARA forman o podio final. A primeira proba da XXV MARZO DE FINISTRRE III TROFEO REPSOL, tivo un forte vento protagonista durante toda a xornada e fixo as delicias dos regatistas que durante a xornada cubriron a distancia entre portosín e Carrumeiro Chico con volta a Portosin.

Unha proba de 38 millas que o Siradella cubriu en 5 horas e 21 minutos aínda que non foi suficiente para impoñerse en tempo compensado con La Rabuda Uno que tras cubrir o percorrido en 5 horas e 49 minutos marcou unha media de case 7 nós de velocidade que o alzou coa victorria.

Na mañá do domingo o vento fíxose esperar e obrigou a atrasar a saída durante 20 minutos, tempo abondo para que se instaurase no campo de regatas un vento compoñente 45 e 12 nós de intensidade.

A pelexa estivo entre o Carolina de Bercho Puertas e La Rabuda Uno de Fernando Gonzalez, ambos os dous sabedores de que os tempos finais estarán moi parellos. Así pois ao final do primeiro bastón a clasificación marcaba unha pequena vantaxe de só 34 segundos en favor do Carolina.

A proba tres consistiu nun percorrido igual que o percorrido dous, pero as condicións de vento foron moito máis variables facendo que as decisións tácticas fuerán moito máis dispares dentro do grupo que formaba a frota. Unha moi boa saída do Siradella colocouno na primeira posición provisional pero esa vantaxe fué descendendo ata o ultimo tramo onde o Carolina cunha boa decisiónn táctica conseguiu alzarse coa primeira posición en real e en compensado. Quedando a Rabuda Uno relegada á segunda posición por tan só 49 segundos e o kanala de Ignacio Ecenarro á terceira a 2 minutos e 44 segundos.

A clasificación Xeral e polo tanto o vencedor absoluto da XXV Marzo de Finisterre foi para o CAROLINA de Bercho Puertas. No podio acompañárono e por esta orde A RABUDA UN de Fernando Gonzalez e o SARA de Rafael Blanco todas elas embarcacións do R.C.N.Portosin.

26 de agosto de 2013 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.