Remata o campus de baloncesto organizado polo Concello da Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaDeportesLocal
A-
A+
Participantes no campus

Participantes no campus

O Campus de baloncesto que organizou o Concello da Laracha e que se desenvolveu desde o pasado luns ata hoxe venres foi un rotundo éxito organizativo e participativo.

Á clausura acudiron o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de cultura e deportes Patricia Bello.

A actividade tivo unha duración diaria de dúas horas. En total contouse con 40 nenos participantes.

Ao longo de toda a semana os rapaces realizaron, baixo a supervisión de técnicos e monitores, diferentes actividades lúdico-deportivas baseadas principalmente no baloncesto. Ademais de divertirse con esta práctica, puideron mellorar as súas cualidades físicas, técnicas e tácticas.

O prazo continúa aberto para  inscribirse noutras propostas que se inclúen no programa de verán que organiza o Concello e que se van a levar a cabo durante o mes de agosto: xogos recreativos na piscina municipal da Laracha (21 de agosto) e os diferentes deportes náuticos que se realizarán en agosto: pádel surf (día 8), kayak (20), ráfting (27) e surf (29).

2 de agosto de 2013 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.