publicidade hoxe

Regata Illa de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Illa de ArousaCambadosDeportesDeportes PortadaLocalO GrovePontecesures
A-
A+

O Breogán do Grove mostra a súa fortaleza na Illa.

Grupo de participantes

Grupo de participantes

O Breogán do Grove logrou o triunfo na cuarta regata de alvevines e benxamíns que se disputou na Illa de Arousa. O Ría de Aldán Hermanos Gandón foi segundo e o Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, terceiro. Tomaron parte na competición 345 padexeiros e un dos aspectos máis destacados foi a grande afluencia de público que asistiu ás regatas.

Foi unha xornada na que o Breogán do Grove demostrou posuír un gran potencial nas categorías inferiores ao sumar 2.999 puntos na clasificación final. Pero tamén o Ría de Aldán, que totalizou 1.815. E o terceiro protagonista foi o Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra con 1.674.

Na categoría cría K-1, Lucía Costa Piñeiro, do Náutico de Pontecesures, foi a gañadora. A segunda posición ocupouna Sara Durán, do Confraría de Pescadores de Portonovo, e o terceiro lugar para Leticia Ogando González, do Náutico de Cobres.

Anxo Martínez Romero, do Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, impúxose na categoría benxamín, por diante de Roberto Piñeiro, do Piragüismo Cambados, e Pablo Galego, do Club Naval de Pontevedra.

En cría B K-1, Clara Torres, do Club Piragüismo Cambados, fuer a mellor, por diante de Araceli Baleiro, do Náutico de Pontecesures. Terceira foi Lorena Moldes, do Club Breogán do Grove.

Miguel Paz Martínez, do Club Piragüismo Verducido Pontillón, logrou o triunfo en cría B K-1, por diante de Adrián Padín, do Club Confraría de Pescadores Portonovo, e David Otero, do Club Piragüismo Cambados.

En muller cría A K-1, Carla Frieiro Carril, do Club As Torres Vikinga, foi a primeira na chegada, seguida pola súa compañeira de equipo Carla Raño, e a terceira foi Paula Cascallar, do Club Náutico de Pontecesures.

E en cría K-1, Oliver Rodríguez, do Club Fluvial O Barco, impúxose por diante de Agustín Iglesias, do Ría de Aldán Hermanos Galdón, e Anxo González, do Club Ribeiras do Tambre Ternera Gallega.

13 de agosto de 2013 | 11:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.