Record de participación na XVI Marcha Ciclista de Ferrolterra
Un total de 140 persoas están a día de hoxe apuntadas para participar na XVI Marcha Ciclista a Ferrolterra, que terá lugar o vindeiro domingo 11 de agosto. A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, e o presidente do Club Ciclista de Ferrol,Juan Martínez, presentaron hoxe o itinerario desta proba, que forma parte do calendario da Federación Galega de Ciclismo e que está aberta tanto a federados como non federados. O prazo para apuntarse permanecerá aberto até a xornada de mañá (incluída).
No que atinxe ao percorrido da marcha, Martínez Galdós explicou que o pelotón sairá ás 09.00 horas do pavillón polideportivo municipal da Malata para percorrer un total de 126 quilómetros. Así, os ciclistas “pasarán por lugares emblemáticos e de gran beleza da nosa xeografía, o que supón un aliciente engadido a esta proba que xa é un clásico dentro dos eventos deportivos do verán en Ferrol”, dixo a edil. A titular de Deportes tamén quixo felicitar ao Club Club Ciclista Ferrol polo traballo que durante todo o ano realiza a favor desta disciplina deportiva, e pola colaboración que presta a Administración municipal na organización doutros eventos deportivos.
Pola súa banda, Juan Martínez subliñou que esta edición número 16 da Marcha Ciclista a Ferrolterra “será a de maior número de participantes de cantas se teñen celebrado até o momento”. Ademais, indicou que dificultade do itinerario é medio – alto, pois inclúe tres portos de montaña Haberá diferentes premios ó ciclista máis novel, ao máis veterano; ás mulleres que participen, ao equipo máis numeroso e ao que procede de máis lonxe. Tamén se entregarán galardóns aos primeiros clasificados en cada un dos portos de montaña que ten a proba.











