publicidade hoxe

Recivimento aos membros da Asociación Unión de Residentes de Curtis en Bos Aires

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisGalicia exteriorLocal
A-
A+

 

Recivimento nas dependencias municipais

Recivimento nas dependencias municipais

O alcalde, Javier Caínzos, o Tenente Alcalde, Antonio Fraga e os concelleiros de urbanismo, Pablo Brañas e de obras e servizos, Emilio Souto recibiron no Concello a membros da Asociación Unión de Residentes de Curtis en Bos Aires.

Na reunión posterior á recepción analizáronse e valoraron as iniciativas e proxectos desenvolvidos nos últimos anos dende o Concello cos emigrantes en colaboración coa Unión de Residentes de Curtis en Arxentina. Os case 500 veciños residentes en Arxentina fan o país onde maior número de emigrantes hai a día de hoxe. O presidente, Eugenio Martínez e a secretaria, Ana Ares expuxeron os novos proxectos nos que están a traballar para realizar nos próximos anos, ademais de solicitar a colaboración do Concello.

O presidente e a secretaria asinando no libro de ouro do Concello, acompañados dos representantes municipais.

21 de agosto de 2013 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.