Recepción en Salvaterra á “Banda de Música de la Villa de Alagón”

Recepción á agrupación musical
O pasado venres Arturo Grandal, Alcalde do Concello de Salvaterra de Miño, recibiu no Salón de Plenos do Consistorio aos integrantes da Banda de Música de la Villa de Alagón que se desprazaron ao noso Municipio para participar no I Festival de Bandas, que se celebrou dentro da programación do Verán Cultural 2013.
Este primeiro Festival contou coa participación desta Banda e da Banda de Música de Salvaterra, que xuntas fixeron as ledicias de todos os presentes.
A Banda de Algón nace nos anos 80, cando empezou a despertar a semilla que estivera dormida dende a desaparición a finais dos 30 das bandas de música que había en Alagón. Tras a creación do Instituto Comarcal de Música “Miguel Arnaudas” e con empuxe do Concello e dun grupo de músicos e xóvenes do pobo, encabezados por D. José Luis Gimeno (profesor do Instituto Musical), D. Simón Sanmartín (primer director da banda) e D. Emilio Gracia (primer presidente da banda), comezáronse a sentar as bases do que hoxe en día é a nosa Banda Municipal de Música “Villa de Alagón”, que se fundou como tal no ano 1985.Durante toda esta traxectoria musical, participaron en diversos encontros de bandas, certámenes, intercambios culturais e actuacións de diversa índole.
Banda de Musica de Salvaterra de Miño
Todo comeza en xuño do ano 2007 nas festas do Cristo de Salvaterra de Miño, un día moi importante culturalmente falando para Salvaterra, xa que contaba con agrupacions corais, grupo folclorico e a partir dese momento quedaba presentada tamen a Banda de Musica de Salvaterra de Miño. Sendo o referente cultural, xa que tamen conta co apoio da Escola de Musica de Salvaterra de Miño, con mais de 160 alumnos, tamen conta cunha Banda de Musica Infantil que ira nutrindo de futuros musicos a esta importante Agrupacion. No ano 2011 participan no seu primeiro festival zonal de Bandas de Musica Populares, organizado pola Deputacion de Pontevedra. Ademais, dende a sua fundacion sucedense actuacions por toda a xeografia galega e norte de Portugal, destacando o Festival Internacional de Bandas de Música de MonÇao (Portugal). Mentres a banda vai medrando en calidade e prestixio.











