Racing de Ferrol e Ponferradina disputaranse a LIII edición do Trofeo Concepción Arenal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaFerrolLocal
A-
A+

O primeiro tenente de Alcaldía do Concello de Ferrol, Guillermo Evia Pérez; acompañado da concelleira de Deportes, Susana Martínez Galdós; e do presidente do Racing de Ferrol, Isidro Silveira, presentaron hoxe no Salón de Recepcións do Concello de Ferrol a LIII edición do Trofeo Concepción Arenal. O equipo local enfrontarase a Ponferradina o vindeiro sábado, día 10 de agosto, a partir das 20.00 horas no estadio municipal da Malata. O prezo das entradas, xa a venda nos despachos do estadio, son de 10 euros en Tribuna e 5 euros en Preferencia, mentres que as persoas menores de 18 anos entrarán de balde.

Tanto o tenente de alcalde como a titular de Deportes destacaron a tradición que ten o Concepción Arenal, que se vén disputando dende o ano 1953 e que no seu dilatado historial conta coa participación de grandes equipos nacionais e internacionais como o Atlético de Madrid, o Athletic de Bilbao, o Barcelona, o Real Madrid, o Oporto, o Ajax de Amsterdam, o Aston Vila ou o Nacional de Montevideo, entre outros. O Concello de Ferrol colabora co Racing na celebración deste torneo, un dos decanos de cantos se celebran en España na época estival. Evia Pérez lembrou que a celebración desta edición cambiouse de data por mor do tráxico accidente ferroviario de Santiago de Compostela ao coincidir a fecha inicialmente prevista co loito oficial decretado en toda Galicia.

Pola súa banda, Isidro Silveira, agradeceu ao Concello de Ferrol a colaboración que dende sempre e en todo momento presta ao Racing. “O Concello sempre se porta ben con nosoutros”, dixo; ao tempo que sinalou que “queremos que este ano o trofeo quede na casa”.

7 de agosto de 2013 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.