publicidade hoxe

Quedan poucas prazas dispoñibles para participar na IV Peregrinación Marítima

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFozLocalLugoProvincias
A-
A+

A Deputación de Lugo e o Clube Náutico de Foz organizan un ano máis a Peregrinación Marítima de Cruceiros. Na xornada haberá bautismos de mar e unha regata para as embarcacións que desexen competir. O organismo provincial apoia esta iniciativa porque considera o evento unha boa oportunidade para promocionar o turismo de costa, que goza, cada vez máis, dunha grande aceptación entre o público.

Nas edicións anteriores a afluencia de persoas que se achegaron para desfrutar destas actividades marítimas foi moi elevada, esgotando todas as prazas ofertadas. Para a edición deste ano aínda quedan algunhas prazas libres. As embarcacións participantes así como o público que desexe seguir a xornada a bordo dos 3 barcos facilitados pola poden inscribirse poñendose en contacto directamente co Clube Náutico de Foz, no teléfono 982133609 ou por medio de correo electrónico en info@cnfoz.es. Poderán atopar máis información na web www.deputacionlugo.org

Programación para a xornada

A Peregrinación arrincará o sábado 17 coa saída das embarcacións ás 9:30 e ás 11:30 horas dende os porto de Viveiro e Ribadeo respectivamente. No caso dos barcos que partan dende Viveiro, deberán pasar entre as 10:45 e 12:30 horas polo primeiro punto de control e entre as 14:45 e 16:00 horas polo segundo. No caso dos de Ribadeo, terán o primeiro punto de control situado en Illa Pancha, polo que deberán pasar entre as 12:00 e as 13:30 horas, e o segundo fronte á praia de San Cosme e punta Promontorio, polo que deberán pasar entre as 16:15 e as 16:45 horas. Os participantes deberán facer un percorrido que os levará a concentrarse finalmente fronte á ría de Foz antes das 17:30 horas. Ás 15:00 horas dará comezo unha regata con embarcacións que deberán estar a esta hora fronte a Ría de Foz.

As actividades rematarán no CENIMA, onde se celebrará, a partires das 20:30 horas, a tradicional entrega de agasallos institucionais ós participantes. Ademáis, os tres primeiros clasificados da regata recibirán trofeos conmemorativos. Finalmente, as embarcacións partirán o domingo 18 dende o porto de Foz cara ós seus lugares de procedencia.

O turismo náutico, en auxe

O turismo náutico supón un importante factor de crecemento a potenciar. Hai que ter en conta que a provincia lucense conta cunha situación estratéxica como punto de paso de embarcacións e cruceiros e con estupendas condicións de navegación nas rías; a localización dos seus portos nas inmediacións dos núcleos urbanos; os atractivos turísticos da zona, a gastronomía e a natureza son factores clave para axudar a un sector un auxe. Ademáis, o turismo náutico está intimamente ligado ó turismo de calidade e, polo tanto, é unha fonte de riqueza, que permite, ademáis, aproveitar de xeito sostible os recursos existentes da costa, respectando o medioambiente, un elemento fundamental para atraer a turistas á provincia de Lugo.

A Peregrinación Marítima de Cruceiros é unha das múltiples actividades que a Deputación de Lugo ten postas en marcha na Mariña, e que amosan as múltiples posibilidades da desestacionalización do turismo, a través das actividades de natureza, deporte ou medioambiente.

12 de agosto de 2013 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.