publicidade hoxe

Propostas de actividades para a fin de semana dentro do Verán Cultural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRianxo
A-
A+

Venres 23 de agosto

22.00 h – Praza Virxe de Guadalupe (xunto ao mercado municipal)

CLAUSURA DO IX CICLO DE BANDAS: VERBENA ADICADA AOS ANOS 60, 70 E 80 DA BANDA  DE MÚSICA DE RIANXO, DESPOIS CHARANGA NASA E DJ.  Máis información

O IX Ciclo de Bandas chega ao seu fin, o último concerto corre a cargo da Banda Escola de Música de Rianxo no que interpretarán pezas que soaban nas VERBENAS dos anos 60, 70 e 80. Ao rematar estará a Charanga Nasa e  DJ.

O Ciclo de Bandas está organizado conxuntamente pola Escola de Música de Rianxo e o Concello de Rianxo.

Sábado 24 de agosto

21.30 h – Praza de Rafael Dieste

IX FESTIVAL DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL ALEIVOSÍA.

O Festival está organizado pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo en colaboración co Concello de Rianxo.

Ademais tamén poden visitar a exposición de ÓLEOS de TERESA ARGIBAY no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, de martes a sábado de 11.00 a 13.30 horas.

Asemade o sábado 24 de agosto, dende o xantar,  celébrase en Leiro a Romería Anual do Centro Cultural Vicente Vidal.

23 de agosto de 2013 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.