Problemas co abastecemento de ago na zona de Mogor e Seixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMarín
A-
A+

O Concello de Marín como cada ano nestas datas, ven sufrindo problemas co abastecemento de auga na zona de Mogor e Seixo.

Debido a falta dun servicio de abastecemento de agua en alta, as zonas de Chan do Monte, Mogor, Aviador Calviño, parte alta do Matadoiro Municipal, Camiño Vello de Seixo, etc, están sufrindo problemas de presión de agua.

Na actualidade estas zonas son abastecidas coa auga do depósito situado en Cadrelo, que se abastece exclusivamente con agua procedente de minas e manantiais.

Estos días o nivel de auga do depósito baixou e este é un dos motivos que orixina esta falta de Presión.

O outro motivo é que a Auga da traída que ven de Pontevedra non é suficiente para abastecer o incremento da demanda da auga nesta época estival, onde o nivel da poboación multiplícase debido a cercanía das praias.

O Concello espera que este problema que acontece desde hai anos no verán non se repita, xa que de seguro quedará resolto coas obras previstas do Proxecto de ACUAES.

16 de agosto de 2013 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.