Preto dun centenar de tramos de rúas e beirarrúas arranxados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Servizos do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou hoxe sobre as actuacións de mantemento de viarios e beirarrúas acometidas polas cuadrillas de Misturas S.A -empresa adxudicataria do servizo- nos barrios da Magdalena, Doniños e os traballos de repaso executados en Serantes e Brión-San Felipe durante as últimas dúas semanas Estas intervencións de repaso de mantemento, realizadas de maneira paralela ao desenvolvemento do Plan de Barrios, permiten cubrir deficiencias pendentes e novas peticións veciñais.

No que atinxe á zona da Magdalena, os traballos executados polos operarios da empresa adxudicataria se centraron na reparación de beirarrúas. As actuacións foron acometidas nun total de 35 tramos das seguintes rúas: Rúa Igrexa confluencia coa rúa Terra (21 treitos), Cruce Rúa Concepción Arenal con rúa Dores (8 treitos), Rúa Real 43 (3 treitos), Praza España- Avenida de Vigo (2 treitos), Rúa Real cruce con rúa de Lugo (1 treito).

Por outra banda, os traballos realizados na parroquia de Doniños polo servizo municipal se centraron en intervencións de aglomerado en diferentes tramos das seguintes calzadas: Camiño As Rivas, Estrada a O Confurco, Camiño O Lago.

Con respecto as actuacións de repaso executadas en Serantes, os operarios da empresa adxudicataria da prestación municipal se centraron no mantemento do pavimento en 10 tramos do Lugar “O Coto”. Así mesmo, os traballos de repaso foron acometidos no aglomerado dun total de 39 tramos de diferentes rúas na zona de Brión-San Felipe: estrada de Brión (23), estrada de San Cristóbal a Brión (10) e estrada de San Felipe (6).

16 de agosto de 2013 | 14:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.