Preséntase en Pontevedra a plataforma de afectados polas hipotecas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Benestar Social Municipal, que xestiona Carmen Fouces presentou esta mañá a Plataforma de afectados polas hipotecas na cidade de Pontevedra, xunto aos seus directivos, o presidente Gonzalo de Francisco e o vicepresidente, Rogelio Piñeiro. Carmen Fouces explicou que se trata dunha plataforma de recente creación na cidade, pero que vén complementar a colaboración que o Concello de Pontevedra mantén co Colexio de avogados de asesoramento aos afectados polas hipotecas previa execución xudicial.

Fouces indicou que o Concello está moi satisfeito co funcionamento da oficina, pero amosouse decepcionada pola grande cantidade de persoas doutros municipios que solicitan información, pero que non se lle pode dar nesta oficina que está habilitada para os empadronados en Pontevedra. Aínda que si se ten intervido nos casos máis dramáticos.

A concelleira de Benestar Social Municipal quixo resaltar a problemática que existe en Pontevedra de desafiuzamentos (por impaco de alugueres), que é máis importante que as execucións hipotecarias.

Segundo os datos da plataforma, o partido xudicial de Pontevedra dicta cada día arredor de 10 ou 12 execucións hipotecarias. E no seu escaso tempo de vida, a Plataforma xa puido chegar a dous acordos para habilitar algueres sociais: que son o 30% dos ingresos da unidade familiar.

A Plataforma celebrará no mes de setembro unha asamblea informativa na cidade. As persoas interesadas poderán porse en contacto coa plataforma nos teléfonos: 625 51 51 91 / 654 654 807

6 de agosto de 2013 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.