Precaucións para a Festa da Auga de Vilagarcía

O servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Vilagarcía porá en marcha mañá o operativo especial da Festa da Auga no que participarán un total de 35 persoas entre membros do servizo e voluntarios da agrupación. Para garantir o normal desenvolvemento da festa o dispositivo organiza a organización dos medios materiais e humanos para que ninguén quede seco nas zonas húmidas e tamén de cubrir os aspectos relativos a manter a seguridade e atender emerxencias. Para isto,a demais das ambulancias para atender casos máis graves, infiltrarase na festa a 8 socorristas con botiquíns portátiles para atender “in situ” as pequenas incidencias sanitarias que se poidan producir.

A fase do operativo destinado a organizar a infraestrutura e o desenvolvemento da Festa da Auga será a primeira en poñerse en marcha. Será a partir pola tarde do día 15 cando comecen os traballos de instalación das plataformas que servirán como lanzadeiras da auga. Colocaranse dúas bases fixas, unha na intersección da Rúa Rey Daviña coa Baldosa, e outra na Rúa Cobián, enfocada cara a Praza de Galicia. Estas lanzadeiras abasteceranse dos hidrantes situados nas rúas, mentres que outros dous puntos de lanzamento de auga instalaranse en Conde Vallellano e un terceiro na propia Praza de Galicia. Estes tres últimos consistirán en tres camións de extinción de incendios que utilizarán as súas mangueiras para regar aso participantes na Festa da Auga dentro da zona húmida.

O operativo de seguridade e emerxencias comezará á medianoite do día 15. O Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil manterá de garda durante toda a noite as súas dúas ambulancias completamente equipadas que se mobilizarán dende á base tan pronto sexan solicitadas. Tamén se reforza o persoal de garda no servizo Municipal.

Colaboración e coordinación

O dispositivo nocturno de seguridade verase reforzado con persoal da Policía Nacional que desprazará a Vilagarcía axentes doutras comisarías da provincia, e tamén da Policía Local. O dispositivo elaborado dende o Concello foi coordinado cos Corpos de Seguridade do estado e local nunha reunión celebrada a semana pasada.

14 de agosto de 2013 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.