publicidade hoxe

“Ponlle as pilas ao teu bocata” en Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaPontecesures
A-
A+
Cartel da iniciativa

Cartel da iniciativa

O Concello de Pontecesures acollerá o vindeiro 3 de setembro, esta campaña impulsada pola Xunta co obxectivo de promover unha alimentación sana entre os escolares.

Trátase do programa “Ponlle as pilas ao teu bocata”, deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar coa colaboración das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA para por de relevo as virtudes das conservas de productos do mar: o seu valor como fonte de enerxía. 

Un equipo de monitores ensinarán aos rapaces e rapazas asistentes a ler as etiquetas das conservas, a coñecer a importancia de separar e reciclar os residuos que se xeran nos seus fogares,  a elaborar menús que incorporan produtos do mar en conserva e a preparación de bocadillos que poderán saborear inmediatamente.

A actividade terá lugar as 11 da mañán no Plazuela, e está dirixida a rapaces e rapazas de 5 a 15 anos. Solicítase a inscrición previa nas oficinas do Concello para poder estimar o número de participantes.

19 de agosto de 2013 | 20:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.