Peter Punk trae o novo circo ás piscinas da Granxa en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVerín
A-
A+

O sábado día 10 de agosto, ás 18 horas, as Piscinas de A Granxa (en caso de inclemencias meteorolóxicas, Casa da Cultura) acollerán o espectáculo Peter Punk.

Trátase dunha exhibición de novo circo que combina recursos cómicos con técnicas circenses variadas. Función gañadora do premio do público no Festiclown 2008, máis de 800 representacións por toda a Península Ibérica, Italia, Brasil ou Arxentina avalan unha montaxe trepidante na que o arquetipo do neno que se nega a medrar enche de gargalladas ao público que o contempla e o escoita durante unha hora de actuación.

O espectáculo Peter Punk está pensado fundamentalmente para adolescentes e mocidade, aínda que é de interese tamén para o público infantil e adulto.

A actuación, que ten como obxectivo incrementar a presenza da lingua galega en espazos lúdicos, está patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, ao formar parte o Concello de Verín da Rede de Dinamización Lingüística.

8 de agosto de 2013 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.