Permanece aberto o prazo de inscrición para a nova tempada de obradoiros de igualdade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Igualdade informa de que aínda permanece aberto o prazo para inscribirse na nova tempada de obradoiros que se organizan cada ano dende o departamento que dirixe a responsable da área, Verónica Casal Míguez. Ata a data, preto de 700 persoas tiñan solicitado xa a súa participación nos diferentes cursos que promove a administración ferrolá, pero para aqueles que estean interesados en participar e aínda non o teñan feito poden entregar a súa solicite no rexistro Xeral do Concello ata o 10 de setembro. O horario? De 09.00 a 14.00 horas de luns a vernes, e de 09.00 a 13.00 horas os sábados. E, ao fío, cómpre lembrar que ao igual que en edicións anteriores, a oferta de actividades que fai o Concello de Ferrol responde ás preferencias demandadas polas propias mulleres co obxectivo de  chegar ao maior número posible delas.

En canto á relación de obradoiros que se realizarán o próximo curso 2013-2014 esta é: Informática 3.0 ( Ofimática, Orientación Laboral, Todo Google, Blogs e Redes Sociais); Informática Social (Informática de iniciación, de repaso e para maiores de 60 anos), Alfabetización, Memoria, Ioga, Pilates, Cerámica e Fotografía. Ademais de ampliarse o prazo de inscrición, a Concellería de Igualdade tamén incrementou os espazos en que se desenvolverán as actividades. Así ao pavillón municipal de Esteiro e aos dos CEIP Juan de Lángara e Recimil súmase o do Ensanche A.

28 de agosto de 2013 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.