Perillo, en Oleiros, honra esta fin de semana a Santa María da Cabeza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOleiros
A-
A+

29082013-3A parroquia de Perillo, en Oleiros celebra as grandes festas na honra a Santa María da Cabeza. Os festexos inícianse o venres 30 de agosto a partires das 20.00 h. cunha gran churrascada á que seguirá, ás 23.00 h. a actuación da orquestra Los Satélites. Contarase ademais con exhibición Dj a cargo de Rubén Casas e, a partir das 04.00 h. no pinar de Santa Cristina, Sound System a cargo do Dj Mane´s. A sesión rematará ás 09.00 h.

O sábado 31 de agosto, de 16.00 a 20.00 h. ofreceranse paseos gratuítos en Kaiak cedidos polo Clube de Regatas de Perillo, na praia de Santa Cristina. Ás 19.00 h. concentración de coches antigos no alto de Perillo, ás 20.00 h. dará comezo unha Mexillonada seguida pola verbena, ás 23.00 h., a cargo da orquestra Futuro. Tamén se contará coa actuación do Dj Papa Joe presentando “Caperuzita” despois do seu éxito con Doctor Bellido “Señorita” e Mister Omar, exconcursante de Fama, quen presentará o seu single “Bailando bajo el sol”.

O domingo 1 de setembro a partir das 10.00 h. dianas e alboradas, ás 11.30 h. pasarrúas coa Banda Municipal de Música de Boiro. Ás 13.00 h. misa solemne cantada pola Rondalla Villa de As Pontes e a A.A.C. Semente Nova. Ás 14.00 h. sesión vermú co Dúo Calú (haberá postos de polbo e unha degustación gratuíta de callos). En torno ás 17.00 h. terá lugar un concerto a cargo da Rondalla Vila de As Pontes e a A.A.C. Semente Nova para, ás 18.30 h. comezar a actuación do multiclown “Peter Punk”. De 20.00 a 21.30 h. demostración de zumba-fitness a cargo do instructor-licenciado José Luis Yagüe para, a continuación, gozar dunha sesión de música con Dj.

29 de agosto de 2013 | 11:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.