Peche técnico das piscinas municipais monfortinas e novo horario de apertura das pistas de atletismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de deportes informa que a piscina municipal está realizando o peche técnico anual entre o luns día 26 de agosto e o domingo día 1 de setembro, volvendo abrir as instalacións ó público o  luns día 2 de setembro.

O peche lévase a cabo tódolos anos coa finalidade de realizar labores de mantemento xeral e limpeza das instalacións.

Durante esta semana, na que se produce o peche técnico das piscinas, haberá novo horario de apertura ó público das pistas de atletismo da Pinguela. A apertura das pistas será a seguinte:

– De luns a venres de 8:00 a 22:00 h. ininterrumpidamente

– Sábado de 11:00 a 22:00 h. ininterrumpidamente

Dende o Concello pídense desculpas polas molestias que poidan ocasionarse.

27 de agosto de 2013 | 15:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.