Palas de Rei será un dos puntos de chegada da primeira ruta de caravanas “Camiño de Santiago”
O concello de Palas de Rei está promovendo unha Área de Servicio de Autocaravanas que serva de apoio o Camiño de Santiago, visto que por este municipio transcorren dúas das súas rutas (Primitiva e Francesa), e tamén que serva para promover o autocaravaning en toda Europa.
As obras correspondentes a esta Área de Servicio de Autocaravanas están a piques de rematar e calcúlase que en breve entre en funcionamento. O Concello de Palas de Rei invirte perto de 6.000 €uros na creación desta nova infraestructura na idea de que repercuta positivamente na hostelería e no sector turístico en xeral do municipio palense.
Dende febreiro deste ano alcalde de Palas Pablo Taboada, ven mantendo contactos co vicepresidente da Asociación Galega de Autocaravanas, Sindo López Lopéz e co representante do Centro Caravaning “Yakart”, así como, socio e colaborador de dita Asociación, Antonio Jul para a participación da que será primeira ruta de autocaravanas Camiño de Santiago. A ruta que da comenzo na Coruña, o día 2 de agosto, e remata, o día 11 de agosto, en Santiago de Compostela, transcorre por varios lugares da xeografía galega visitando o camiño de Santiago o mércores 7 de agosto nunha etapa con saída de Pedrafita pasando por Triacastela para cear e pernoctar en Palas de Rei. Os participantes, ao redor de 200 persoas, que viaxan en 63 autocaravanas procedentes de toda a xeografía española visitarán varios puntos de interese deste municipio como: o Castelo de Pambre, a queixería de Arqueixal, a aldea de ecoagroturismo galego de Albá.
Noutro orde de cousas, sinalar que o Concello de Palas ante as demandas da Asociación de Empresarios e Comerciantes e dos propios turistas de Palas de Rei abriu en xullo unha oficina de información turística ubicada no centro da Vila de Palas de Rei, en pleno paso do Camiño Francés de peregrinaxe a Compostela, na que se coñece como avenida de Compostela en Palas de Rei, no edificio do Centro Comarcal. Dende a súa posta en funcionamento desta nova oficina xa recibiu unas 2.000 visitas de turistas e caminantes demandando diversa información do municipio e das súas rutas.











