Palas de Rei acolleu a XXII Feira do Cabalo da comarca da Ulloa en Vilar de Donas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPalas de Rei
A-
A+
Percorrido pola pista en coche de cabalos

Percorrido pola pista en coche de cabalos

A pista do hipódromo de Vilar de Donas acolle dende esta mañá as probas correspondentes, as distintas modalidades que compiten nesta edicción, da XXII da Feira do Cabalo da Comarca da Ullloa. O acto central do día foi o do pregón oficiado por Xosé Luis Novo Cazón (escritor, profesor e catedrático en xeografía e história) autor de obras como “o priorato santiaguista de vilar de donas en la edad media (1194-1500)” “o legado santiaguista de Vilar de Donas”.

Novo Cazón foi distinguido como novo cabaleiro da orde santiaguista de Vilar de Donas, momento no que tras colocarlle a capa deu una volta a pista acompañado do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada e do resto de cabaleiros da orde, así como, do actor e humorista Sergio Pazos encargado de retrasmitir as probas de cabalos na pista. Centos de persoas acudiron ao longo do día a presenciar as  diversas carreiras de andadura federada, carreiras do país e no apartado canino o open de agility e as habilidades caninas e a exhibición de mushing, canicros e bikejoring que se foron sucedendo en Vilar de Donas. Mañá domingo continúan as actividades en  Vilar de Donas.

10 de agosto de 2013 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.