Os veciños de Ribadumia consultan as dúbidas sobre as alteracións no censo de Taxas
Dende o Organismo de Recadación da Administración Local realizouse unha revisión dos padróns de taxas municipais de auga, lixo e IBI no Concello de Ribadumia. Como resultado detectáronse unha serie de erros que o ORAL corrixiu de oficio e notificou os interesados. Así dende principios de mes os veciños de Ribadumia están a recibir notificacións remitidas polo ORAL comunicando unha alteración no Censo de Taxas.
Na maioría dos casos as modificacións débense a diferenza entre o titular do recibo da chamada urbana e o titular do recibo da taxa de lixo ou auga.
A pesar de ser un documento a efectos informativos, no que se expresa a posibilidade de reclamación do afectado, estás comunicacións están a causar unha gran cantidade de consultas na casa consistorial.
O Concello de Ribadumia quere lembrar os veciños que os martes e xoves ata o 29 de agosto, en horario de 08:30 a 15:00h e dende as 16:30 a 18:00 na Casa da Cultura de Ribadumia un equipo de profesionais da asistencia técnica está a súa disposición para aclarar e recoller as oportunas reclamacións, podendo solicitar cita no 986 101 265











