Os veciños de Ordes poderán realizar o cambio dos permisos de circulación e condución no concello
Os habitantes de Ordes xa poden modificar o domicilio do seu permiso de circulación e condución sen necesidade de moverse do municipio. Un trámite que se pode efectuar tras a sinatura dun novo convenio de colaboración entre a Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña e o consistorio ordense.
Ambos os trámites son gratuítos para calquera persoa que o solicite. No caso de cambio para o permiso ou licenza de condución bastará con achegar a identificación do solicitante a través do seu DNI ou NIE. No caso do permiso de circulación de vehículos requirirase a documentación deste (permiso de circulación, ITV e tarxeta técnica), así como o formulario de solicitude onde figurarán os datos persoais do titular. Posteriormente será o persoal municipal do Concello de Ordes quen se encargue de realizar os derradeiros trámites coa Xefatura de Tráfico nun prazo máximo de dez días, ente que se responsabilizará de efectuar as anotacións pertinentes no Rexistro de Condutores ou de Vehículos.











