Os pilotos de rallye Cándido e José compiten esta fin de semana en Alemaña
Esta fin de semana dispútase na cidade alemá de Trier o ADAC Rally de Alemaña, o que supoñerá ademais a cuarta cita do Mundial Júnior para Cándido Carreira e José Antonio Suárez.
O Rallye xermano marca o ecuador do campionato, xa que tras a disputa dos rallys de Portugal, Grecia e Finlandia (todos eles sobre terra) agora touca a quenda do asfalto con outras tres citas, Alemaña, Francia e España.
A parella formada por Cándido e José, que ocupan a segunda praza deste certame, son os principais favoritos para esta segunda parte do Mundial Júnior e en Alemaña sairán a pola vitoria marcando un forte ritmo dende os primeiros tramos.











