Os nenos da escola de Ocio e Tempo Libre participan na campaña “Ponlle pilas ao teu bocata”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+
Nenos participantes

Nenos participantes

Os nenos da Escola de Ocio e Tempo Libre do Concello de Ribadumia participaron nun obradoiro saudable integrado na campaña “Ponlle pilas ao teu bocata”, que achegou aos nenos aos bocadillos de conservas: mexillón,  atún ou sardiñas, campaña que ten dous obxectivos directos,  potenciar os produtos do mar na dieta diaria dos nenos e as súas familias e servir de promoción para as conservas galegas.

Todos sabemos que para a merenda é moito máis saudable tomar un bocadillo que paquetes de galletas ou pasteis industriais, por iso dende o Concello queremos potenciar este tipo de merendas e involucrar as familias para que un ou dous días da semana os bocadillos dos nenos sexan de conservas.

Durante a xornada, os nenos realizaron un taller no que os monitores lles ensinaron a preparar eles mesmos os seus bocadillos. Ademais deste taller práctico a campaña tamén consistiu nun taller didáctico no que se lles impartiu coñecementos sobre as distintas especies de peixes e moluscos, así como os seus aportes nutricionais.

Esta iniciativa está deseñada pola Consellería do Mar, coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Sanidade e Anfaco-Cecopesca co obxectivo de dar a coñecer a importancia das conservas de peixes y molusco na nosa dieta.

21 de agosto de 2013 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.