Os monicreques de Tanxarina chegan a Campo dás Redes

Monicreques
O Campo dás Redes acollerá mañá a partir das 22.30 horas unha divertida actuación de monicreques coa firma de Tanxarina baixo o título de “Os Narigudos”. A compañía galega trae a Nigrán unha historia na que os narices grandes teñen o papel protagonista. Os nenos poderán comprobar como na illa dos Narigudos, todo son problemas. Por culpa dos seus enormes narices, os bailes e os amoríos acaban sempre en amargas disputas.
O problema da illa dos Narigudos ten unha solución pero que hai que atopar. Bartolo é o “escollido” para ir buscala á casa de Chan Quenda, “o home máis sabio do mundo”. Pero… Ai!… A vida está chea de tentacións. E se puidese cambiar o seu nariz por unha máis pequena… Só o seu nariz…
Monicreques Tanxartina
A compañía foi fundada no ano 1983 por varios ex alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fío do Instituto do Teatro de Barcelona e tamén outros profesionais galegos do teatro infantil e xuvenil. Desde entón converteuse nunha das formacións máis recoñecidas e prestixiosas do teatro de monicreques galego, tanto dentro como fóra de Galicia.











