Os interesados en participar no obradoiro de emprego deberán actualizar os seus datos no servizo de colocación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Traballo e Benestar pretende que o maior número posible de desempregados teña a opción de optar a participar no obradoiro de emprego Vista Alegre II que se porá en marcha a partir de setembro. Ademais de darlle publicidade a iniciativa e aos prazos do proceso da mesma, o departamento que dirixe Elena Suárez advirte aos interesados que deben de darse de alta ou actualizar canto antes os seus datos de curriculum no Servizo Galego de Colocación (INEM) a efectos de que os teñan en conta á hora de confeccionar as listas de aspirantes.

Seguindo o procedemento habitual neste tipo de convocatorias, a selección de profesorado e alumnado para o obradoiro de emprego realizarase a través do Servizo Galego de Colocación que seleccionará aos aspirantes entre os demandantes de emprego inscritos nas súas listas que reúnan os requisitos demandados. O Concello ten previsto remitir ao Servizo de Emprego a súa oferta o martes a primeira hora, unha vez concluída a formalización da subvención que vén de confirmar a Xunta de Galicia para a realización do Vista Alegre II. A partir dese momento, a Oficina de Emprego pode comezar en calquera momento as sondaxes para a selección dos aspirantes, de aí que canto antes teñan actualizados os seus curriculums os interesados, mellor.

Axuste para completar as obras previstas do programa

Aínda que proxecto inicial do obradoiro Vista Alegre II prevía a creación dos módulos de carpintería, xardinería e pintura. Dado que a subvención concedida foi inferior á solicitada pola Concellería de Traballo e Benestar, decidiuse concentrar ao alumnado nos dous primeiros para que cada grupo conte co número apropiado de alumnos que permita completar as actuación e obras previstas. Este dato tamén terán que telo en conta os interesados en participar no obradoiro, xa os perfís demandados serán para persoal de carpintería e xardinería exclusivamente.

O Obradoiro Vista Alegre II iniciarse no mes de setembro. Participarán nel 22 desempregados de máis de 18 anos que serán contratados por un prazo de 6 meses no que recibirán unha formación teórica e práctica sobre as especialidades laborais de carpintería e xardinería. Trátase dun programa mixto de formación e emprego, dirixido a mellorar as posibilidades de ocupación dos desempregados mediante a realización de obras ou servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumno- traballador a realización dun traballo efectivo que xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co dito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa inserción laboral. Para financiar o programa, o Concello conta cunha subvención de 195.000 euros.

9 de agosto de 2013 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.