Os futbolistas máis novos xa poden comezar a prepararse para participar nas súas respectivas ligas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMos
A-
A+
Momento dun entrenamento

Momento dun entrenamento

Este segundo ano de mandato da actual directiva, presidida por Pablo Serodio, preséntase cheo de expectativas positivas: “O noso obxectivo principal é seguir consolidando a estrutura do club así como continuar coa mellora das instalacións. Así poderemos ofrecer as mellores condicións para que os máis novos practiquen deporte e adquiran hábitos de vida saudables.”

O club conta xa con 10 equipos nos que participan uns 150 xogadores con idades comprendidas entre os 4 e os 25 anos de idade. “É de salientar o aunmento da práctica do noso deporte polo sector feminino” comenta o coordinador deportivo do club, Cristian Taibo, “ademais do equipo feminino, que conta cunhas 15 rapazas, nas categorías máis novas é cada vez máis común que en cada equipo contemos cunha ou dúas nenas, o cúal é moi positivo para promover valores de respecto, igualdade e compañeirismo entre os nenos e nenas.”

“Un dos nosos obxectivos para a próxima tempada é continuar crecendo en número de xogadores, abrigo nas categorías máis novas, as portas están abertas a todo o mundo.”

“O club é xa unha gran familia, exemplo diso fué a festa para despedir a tempada pasada, onde directivos, xogadores, pais e nais se involucraron ao 100% e todos pasamos unha tarde moi divertida no campo de fútbol. Como organizadores estamos moi orgullosos diso e moi agradecidos pola boa aceptación que estes actos tiveron entre os nosos socios.”

13 de agosto de 2013 | 21:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.