publicidade hoxe

Os “Editores de Compostela” regresan co seu “Exprés Literario” a Muxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMuxía
A-
A+

O grupo Editores de Compostela que integra a seis selos editoriais con sede na capital de Galicia organiza, xunto coa Fundación López Abente, o II Exprés Literario maila Feira do Libro novo e de ocasión. Este ano desenvolveranse no Paseo Marítimo dende o venres día 2 ao domingo 4 de agosto.

O grupo de editores, integrado polas empresas Urco Editora, Alvarellos Editora, Sotelo Blanco Edicións, Hugin e Munin, Contos Estraños e Edicións Positivas, porá á venda preto de 200 títulos distintos das súas novidades editoriais, á parte doutras tantas referencias en “outlet”, é dicir, de saldo, con prezos dende os 2 euros por exemplar.

Ademais da venda de libros, o “Exprés literario” consistirá en presentacións de novidades, en actos moi breves dun máximo de dez minutos.

Haberá presentacións de libros o sábado ás 20.00 h.

1 de agosto de 2013 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.