Os cursos de natación de Ordes despídense con xincanas, xogos e entrega de medallas e diplomas

Foto de familia cos participantes
Cunha gran festa na que non faltaron os xogos, competicións e xincanas acuáticas, hoxe clausuráronse os cursos de natación organizados polo Concello de Ordes. Ademais tamén se fixo entrega dunha medalla e dun diploma a cada un dos participantes. Ao longo dos dous últimos meses máis de 40 nenos e nenas tiveron a oportunidade de aprender a nadar ou ben perfeccionar o seu estilo dentro da auga. A piscina municipal do Muíño fou o espazo no que se levaron a cabo estes cusos, que neste derradeiro día contou coa presenza do concelleiro de deportes, Roberto Iglesias. Tampouco quixeron perderse a cita numerosos familiares e amigos dos menores. Todos eles despedíronse ata o próximo ano no que degustaban un ágape na terraza da cafetería por xentileza do Concello de Ordes.











