Os cativos de Ribadumia participan nas actividades cotiás e tradicións das distintas actividades divulgativas municipais

Unha das actividades divulgativas
Preto de cincuenta nenos de 3 a 12 anos disfrutaron hoxe dos talleres do programa LecerConsumo, que desenvolveron o Concello de Ribadumia e a Escola Galega de Consumo na Casa da Cultura de Ribadumia. Todos os nenos e nenas disfrutaron dunha xornada de actividades que pretenden un achegamento aos valores do consumo responsable a través de xogos participativos e lúdicos.
Así, durante a mañá os nenos participaron no obradoiro “Este verán achégate a un lecer responsable”, a través do que coñecer alternativas de ocio que respondan aos intereses reais individuais e non ás socialmente aceptadas como “gozo” comercial, a través de varias actividades lúdicas. As actividades ofertadas teñen un formato práctico –aprender facendo-, e están programadas de xeito eminentemente lúdico e adaptado ás idades dos participantes, para dar resposta aos seus intereses e as súas inquedanzas.











