Os cativos das escolas de verán de Ordes finalizan a súa volta arredor do mundo

Clausura das escolas de verán
A volta ao mundo emprendida polos nenos e nenas participantes nas escolas de verán organizadas polo Concello de Ordes remataron esta mañá o seu periplo. Todos eles tiveron a oportunidade de coñecer países e lugares dos que elaboraron postais, posters e diverso material visual, gacias as aportacións e actividades realizadas polos seus monitores. Xogos, excursións, visitas guiadas, xincanas, competicións son algunhas das actividades realizados ao longo dos últimos meses. No día de hoxe todos eles celebraron unha festa de despedida no pavillón Campamaior.











