Oroso organiza un curso de Prevención de Riscos Laborais na Construción homologado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOroso
A-
A+

O Concello de Oroso organiza un curso de Prevención de Riscos Laborais no Sector da Construción, que terá lugar os días 12, 13, 26 e 27 de setembro. Trátase dun curso homologado pola Fundación Laboral da Construción, polo que os alumnos e alumnas que o cursen poderán solicitar a Tarxeta Profesional da Construción.

Este curso formativo terá unha duración de 60 horas, repartidas en catro días: xoves 12 e venres 13 de setembro; e xoves 26 e venres 27 de setembro. As clases impartiranse no centro cultural de Sigüeiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. O custe da matrícula é de 90 euros. Máis información nos Servizos Sociais do Concello de Oroso, 981 688 950.

As clases terán lugar de xeito semipresencial: 20 horas presenciais e 40 a distancia. Durante esas 60 horas formativas, os alumnos e alumnas coñecerán conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, así como os riscos xerais do traballo e o xeito de previlos. Tras esta primeira introdución, os cursillistas adentraranse nos riscos especiais do sector da construción, en como prevenilos e aprenderán a xestionar a prevención de riscos. O programa inclúe tamén unhas pequenas nocións sobre primeiros auxilios.

28 de agosto de 2013 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.