Oroso abre as inscricións na segunda edición do seu torneo de pádel
O Concello de Oroso convoca a segunda edición do seu Torneo de Pádel, que se xogará os días 31 de agosto e 1 de setembro. As inscricións poden formalizarse de xeito totalmente gratuíto na cafetería da piscina municipal de Sigüeiro dende hoxe e antes do 26 de agosto.
A competición disputarase por eliminatorias a un set, mentres que a gran final xogarase a tres sets. A parella gañadora recibirá unha cea para dúas persoas no restaurante-marisquería Mariñaos, mentres que os finalistas recibirán unhas camiseta cortesía de Base Centro Deportivo (Santiago). Haberá premios e pinchos para todos os participantes, que serán entregados despois da final do 1 de setembro.
A primeira edición do Torneo de Pádel Concello de Oroso contou coa participación de catorce parellas e foi gañado polos ordenses Antonio Muíño e Manuel Rey, que venceron na final á parella de Sigüeiro conformada por José Benito Rodríguez e José Manuel Romero (7-6 e 6-3).











