Ordes acolle a exposición “Reserva da Biosfera”

“Os segredo da Biosfera” ao descuberto en Ordes
O Concello de Ordes acolle estes días e ata o vindeiro 4 de setembro a exposición ‘Reserva da Biosfera’. Unha mostra que se pode visitar xa de xeito gratuito no primeiro andar do consistorio, e cuxa principal finalidade, entre outros, é dar a coñecer as 5 áreas deste tipo existentes en Galicia e ubicadas (Río Eo, Oscos e Terras do Burón, Terras do Miño, Ancares Lucenses, Área de Allariz, e a reserva transfronteiriza Gerês- Xurés).
Ao longo dun total de 14 paneis, poderase atopar información sobre a Rede Española de Reservas da Biosfera, a súa Estrutura e funcións, cómo se xestionan, os elementos que as conforman ou os 40 anos do Programa MaB levado a cabo pola Unesco.
Esta iniciativa está desenvolvida conxuntamente polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia e o Departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes.











