Operativo especial de seguridade para a tirada de fogos de artificio no peirao de Corvaceiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Con motivo da tirada dos fogos de artificio o próximo sábado ás 24:00 h. dende o Peirao de Corvaceiras, a Policía Local porá en marcha un dispositivo especial para garantir a seguridade das persoas e dos bens. Da cordo coa normativa vixente (Orde de 20 outubro do 1988 ), o Concello de Pontevedra dispón dun Plan de actuación de emerxencias para este tipo de espectáculos e na que participan: Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, sanitarios e técnicos en pirotecnia.

Deste xeito e dende as 23:30 horas, a Policía Local procederá ao corte do tráfico rodado nas inmediacións do Peirao de Corvaceiras ata o remate da tirada dos fogos de artificio.

PUNTOS DE CORTE DE TRÁFICO

1. Tráfico procedente de Marín: desvío pola rúa Manuel de Palacio.

2. Tráfico procedente Paseo Colón: desvío pola rúa Monteleón cara a Uruguai.

3. Tráfico procedente Uruguai: desvío pola rúa Xofre de Tenorio.

4. Rúa dos Peiraos: desvío Ponte Novo – Palamios.

O tráfico de saída cara a Marín recoméndase efectualo por Xosé Malvar. Os vehículos que circulen pola Avenida Uruguai cara a Avenida de Marín serán desviados (invertindo a súa dirección), na rotonda de Uruguai – A Barca, cara a Bos Aires e Xóse Malvar.

Prohibición total da circulación rodada dentro do perímetro das rúas pechadas ao tráfico dende as 23:30 horas ata o remate da tirada de fogos.

PERÍMETO SEGURIDADE ESPECTADORES

A Policía Local establecerá un perímetro de seguridade para as persoas nas inmediacións do punto da tirada dos fogos de artificio, na que aproveitamos, a través dos medios de comunicación, facer un chamamento ao poboación que acuda a ver os fogos, respecten os límites dos valos de seguridade.

8 de agosto de 2013 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.