Obradoiro de emprendemento rural sustentable en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

Os días 18 e 19 de setembro, na Casa da Xuventude de Verín impartirase un obradoiro de emprendemento rural sustentable, organizado por A Cova da Terra, xunto coas ONGD’s Panxea, Sodepaz e Taller de Solidariedade, e a colaboración do Concello de Verín.

Devandito obradoiro, que terá lugar de 16 a 21 horas -os dous días-, está dentro do programa De aquí, xusto e ecolóxico. O rural como motor de cambio. O obxectivo do mesmo é achegar á mocidade as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural, a partir de conceptos clave como agroecoloxía, sustentabilidade social e medioambiental e cooperación. Os conceptos que se amosarán neste obradoiro de emprendemento rural sustentable son: soberanía alimentar como alternativa, agroecoloxía e a produción ecolóxica, recursos endóxenos como fonte de autoemprego (participación dunha persoa vinculada ao ámbito teórico educativo), experiencias agroecolóxicas reais (participación de produtor/a galego/a cunha experiencia de éxito), dinámicas de xeración de ideas de autoemprego e dinámicas de cooperación.

Este obradoiro, de carácter gratuíto e prazas limitadas -grazas á colaboración da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia-, é un dos nove que se están a celebrar por toda a comunidade durante estes meses. O proxecto pasou xa por lugares como Vilalba, Chantada, Redondela, O Barco e A Estrada, onde a mocidade puido descubrir as oportunidades de emprendemento económico, éticas e socialmente responsables, que ofrece o noso rural. As próximas localidades, ademais de Verín serán, Ribadeo, Zas e Arousa.

As persoas interesadas en participar neste obradoiro deben formalizar a súa inscrición na páxina

27 de agosto de 2013 | 23:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.