O XXV aniversario da Festa do Pan de Neda inícianse cun concerto gratuíto de Brothers in Band

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNeda
A-
A+
Brothers in Band

Brothers in Band

O concerto gratuíto de Brothers in Band, a mellor banda de versións dos míticos Dire Straits, marcará o inicio do programa de actos previsto polo Concello de Neda para conmemorar este ano o vintecinco aniversario da Festa do Pan, recentemente declarada de Interese Turístico de Galicia pola Xunta. Será mañá venres, 30 de agosto, no Paseo Marítimo. A música comezará a soar neste emblemático escenario sobre as dez da noite. Segundo explicou a concelleira de Promoción Turística, Montse Rico, a Administración local quere crear ambiente cunha sesión de disco móvil. Unhas dúas horas da mellor animación musical como antesala do que se prevé multitudinario concerto da formación tributo aos Dire Straits.

Nin o propio Guy Fletcher, teclista de Dire Straits dende 1984, puido distinguir a Brothers in Band dunha grabación da propia banda de Mark Knopfler en abril de 2008. Por isto, e polos seus máis de 60 concertos por toda España, a formación pode presumir de ser o auténtico sonido Dire Straits, pasando por salas tan míticas como “Kafe Antzokia” de Bilbao ou a “Sala Heineken” de Madrid, hasta prazas de concellos e teatros.

As actividades continuarán o sábado con dúas variadas e atractivas propostas: en horario de mañá, a tradicional Ruta dos Muíños e, pola tarde, a xornada infantil Peke-Pan. No primeiro caso, trátase dunha camiñata guiada e gratuíta, de tres horas de duración, que inclúe a visita a varios muíños, onde se ve o proceso de elaboración do pan, con degustación incluída. Partirá ás 10,30 horas do adro da Igrexa de Santa María, e discurrirá polo marxe do río Belelle ata o Roxal. Rematará nun dos muíños, onde os participantes poderán asistir a unha demostración do seu funcionamento e degustar despois productos típicos de Neda. O regreso prevése sobre as 13,30 horas.

Xa pola tarde, nenos e nenas tamén terán un especial protagonismo. No Paseo Marítimo, dende as 18 horas e ata entrada a noite, poderán participar en obradoiros de elaboración do pan, con forno incluído, ou actividades de animación e xogos. Actividades completamente gratuítas. As prazas para participar no obradoiro de elaboración do pan serán limitadas e cubriránse por orden de chegada.

29 de agosto de 2013 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.