O XVIII premio xornalistico Manuel Reimóndez Portela da Estrada recae no escritor Xosé Luna
O día 29 de agosto do ano en curso, reúnense na Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada, os membros correspondentes ao xurado cualificador encargados de fallar a XVIII edición do “Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela”.
O xurado presidido por Dna. Mercedes Cuiña Puente, estivo composto por D. Juan Manuel Constenla Carbón, D. Evaristo Mato Oliveira, D. Enrique Otero Fernández, D. Juan Andrés Fernández Castro, exercendo de secretario en función D. José Manuel Bouzas Blanco.
O xurado cualificador, agradece a participación que superou a trintena de traballos e destaca, como nota salientable, a calidade temática e narrativa dos mesmos.
A XVIII Edición deste galardón recaeu por unanimidade sobre unha serie de cinco artigos (A paixón polos libros, a Feira da Construcción, a Finalidade suprema da lectura, Futbol e Literatura e Librerías Paraíso) sobre a lectura e os libros da autoría de D. Xosé Luna Sanmartín, publicados no noso xornal dixital.
O xurado valorou dos artigos gañadores “a frescura e a actualidade dos mesmos, salientando a coherencia temática e o recurso eficaz ao humor e ás anécdotas ben traídas”.
O acto de entrega do premio será o vindeiro día 20 de setembro ás 19:00 horas, no marco da XXVII Feira do Moble de Galicia. O premio está dotado con 1.000 €, talla conmemorativa e diploma acreditativo.
O mantedor do acto de entrega de galardóns será o estradense, D. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.











