O XII Trofeo de Fútbol “Concello de Rianxo” celebrarase o 10 de agosto
Este sábado, 10 de agosto, disputarase o XII Trofeo de Fútbol Concello de Rianxo no que participan os clubs de fútbol de Rianxo: C.C.D. Taragoña, C.D. Unión e S.D. Araño. Este ano a principal novidade é a participación da S.D. Araño, que levaba desde a segunda edición sen participar e que esta tempada vai competir en 3ª Autonómica.
Nesta edición, tócalle exercer de anfitrión ao C.D. Unión, que corre coa organización do trofeo que se disputará no Campo de Fútbol Municial de Vilas (Asados) a partir das 18.30 h., baixo a modalidade Fiorucci, na que os tres equipos competirán entre si en tres partidos de 45′.
A orde dos partidos é a seguinte:
S.D. Araño – C.C.D. Taragoña
C.D. Unión – S.D. Araño
C.C.D. Taragoña – C.D. Unión