O Verán Cultural de Ordes achega á vila co espectáculo de clown interactivo “Non sabes quen eres”

Instante do espectáculo
O Concello de Ordes continúa co seu Verán Cultural, un amplo programa repleto de de actos e espectáculos. Unha cita coa diversión e o entretemento que cada tarde se sucede na Alameda de Ordes, aínda que nesta ocasión por mor das malas condicións meteorolóxicas tivo que trasladarse ata o auditorio da Casa da Cultura. Alí ofreceuse ante un numeroso público onde non faltaban pais, nais e avós, ademais dos nenos e nenas, o espectáculo de clown interactivo ‘Non sabes quen eres’.











