O tráfico estará cortado esta fin de semana na zona de Mandiá por motivo da celebración do Rallye de Ferrol
A Policía Local de Ferrol informou hoxe de que os días 24 e 25 de agosto permanecerán pechadas ao tráfico rodado diferentes viarios da zona rural de Mandiá con motivo da celebración do 44 Rallye de Ferrol. A restrición levarase a cabo o sábado dende as 19:15 ata a finalización do tramo, que está estimada para as 20:50 horas; e o domingo, dende as 10:37 horas ata o remate, que será ás 12:05 horas aproximadamente.
O tramo Ferrol-Ferrol, unha novidade desta edición, percorre diferentes viarios da zona de Mandiá, polo que o itinerario que será pechado ao tráfico rodado é o seguinte:
– Estrada de Mandiá dende a AC-166 ata a subida ao Confurco.
– Estrada do Confurco.
– Estrada de Papoi ata a C-360
– Camiños veciñais de Mandiá e Papoi.











