O tenente de alcalde coruñés consensuará cos veciños as propostas de enlace das rúas Glasgow e Picasso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O tenente de alcalde de Medio, Territorio e Infraestruturas, Martín Fernández Prado, comprometeuse cos veciños do Birloque e Elviña a consensuar, no último trimestre do ano, as súas propostas para mellorar a conexión das rúas Glasgow e Picasso.

Tal e como informa o responsable de Infraestructuras, na reunión mantida onte, os veciños, que se mostraron satisfeitos co proxecto, realizaron unha serie de demandas relacionadas con cuestións de mobilidade, seguridade ou mobiliario urbano, co fin de mellorar o proxecto final a través de obras complementarias á vía. Neste sentido, o concelleiro comprometeuse a estudar as súas solicitudes e a consensuar todas as actuacións.

Ademais, o concelleiro ofreceuse a que o Concello siga actuando como intermediario entre os veciños e o Ministerio de Fomento para que os primeiros teñan todo a información da evolución das obras. Deste xeito, no último trimestre do ano, coincidindo coa aprobación do proxecto, volverase reunir cos veciños para trasladarlles todo o relacionado cos prazos e a execución das obras e para tratar de minimizar as molestias que estas poidan ocasionar.

6 de agosto de 2013 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.