O Teatro Jofre ferrolá acolle unha dobre función de Moncho Borrajo e o seu “Yo, Quevedo”
O Teatro Jofre de Ferrol acollerá o venres e o sábado, días 9 e 10 de agosto, as representacións do novo espectáculo de Moncho Borrajo: “Yo, Quevedo”. As funcións se levarán a cabo ás 22.00 horas e as persoas interesadas poden adquirir de maneira anticipada as localidades no despacho do teatro municipal ou a través de internet: www.ferrol.es (Apartado Axenda Cultural).
Despois de máis de 40 anos no mundo de espectáculo, Moncho Borrajo encarna a Quevedo na súa nova produción teatral. Ademais de gozar da escatoloxía máis “quevediana” e da improvisación ao máis puro estilo do Século de Ouro español, en “Yo, Quevedo” hai unha coidada posta en escena na que teñen participado algúns dos máis prestixiosos nomes no deseño do vestiario, iluminación e esceneografía. A música é orixinal, composto e gravada para esta función. Carlos Latre, recoñecido actor e humorista, tamén participa neste comedia poñendo as voces de numerosos personaxes.











