O servizo de viarios ferrolá ten prevista varias actuacións en Doniños
O servizo municipal de Mantemento de Infraestruturas Viarias do Concello de Ferrol, que leva a cabo a empresa adxudicataria “Misturas S.A”, centra hoxe a súa actuación na zona de Doniños. En concreto, as previsións de traballos para esta xornada contempla intervencións de aglomerado na pista que comunica os lugares de Fontao e Outeiro, así como na baixada á praia. Ademais destas actuacións de aglomerado, os operarios de “Misturas S.A” tamén acondicionarán con zahorra un trramo do paseo marítimo situado xunto ao local social.
A empresa adxudicataria deste servizo de reparación de viarios e beirarrúas sinala que a execución dos traballos antes sinalados dependerán das condicións climatolóxicas. Así mesmo, indica que para levar a cabos os memos non é necesario proceder a cortes de tráfico.











