O servizo de mantemento realiza actuacións de aglomerado e reparacións en Caranza e na Malata

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O servizo municipal de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, do que se encarga a empresa “Misturas S.A”, está a centrar hoxe os seus traballos en actuacións de aglomerado e arranxo de beirarrúas no barrio de Caranza e na zona de A Malata.

Así, segundo a programación de traballos feita pola empresa adxudicataria do servizo de mantemento, ao longo da  xornada de hoxe, intervirase no pavimento do aparcadoiro de caravanas, situado na zona de A Malata. Ademais, os operarios desta prestación municipal traballarán na reparación de beirarrúas situadas en Caranza, en concreto na rúa Masaya nº1, en vial interior Vila do Conde.

20 de agosto de 2013 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.