O servizo de mantemento de viarios de Ferrol realizou 80 actuacións de repaso en Canido, San Xoán, San Pablo e Ensanche
O servizo municipal de Mantemento de Infraestruturas Viarias do Concello de Ferrol, que leva a cabo a empresa adxudicataria “Misturas S.A”, acometió na última semana do pasado mes de xullo máis de 80 actuacións de arranxo de fochancas e beirarrúas nos barrios de Canido, Ensanche A, San Xoán e San Pablo. Así se recolle no informe facilitado por Misturas S.A á Concellería de Servizos e Medio Ambiente. Estas intervencións de repaso atenden á necesidade de dar continuidade ao Plan de Barrios, cumprindo coas suxestións e demandas expostas polos representantes veciñais ao alcalde, Jose Manuel Rey Varela, durante as visitas feitas a estas zonas da cidade.
Así as cousas, estas foron as actuacións por barrios:
En Canido
– Rúa Alegre (Arranxo de 11 tramos de beirarrúa)
– Praza Nadales (Arranxo de 4 tramos de aglomerado)
– Rúa Navegantes (Actuación de 3 tramos de aglomerado)
– Rúa Coruña (1 tramo de aglomerado)
– Rúa Marola (5 tramos de aglomerado)
– Avenida do Rei (3 tramos de beirarrúa)
– Praza de Canido (1 tramo de aglomerado)
– Praza 8 de marzo (Reparación de beirrarúa en 10 tramos).
En San Pablo
– Rúa Paredón (3 tramos de aglomerado)
– Campo de Chao (10 tramos de aglomerado)
– Camiño do Tiro (12 tramos de aglomerado)
– Rúa Aciñeira (6 tramos de aglomerado)
– Rúa Valenta (2 tramos de aglomerado).
– Rúa Teixo (Acondicionamento de 3 tramos)
Ensanche A
– Rúa Río Mera con praza do Inferniño (3 tramos de aglomerado).
San Xoán
– Camiño de Basanta (4 tramos de aglomerado)
– Camiño de Souto (4 tramos de aglomeado)











