O servizo de mantemento de Ferrol intervén en varias beirrarúas da zona centro
O Servizo Municipal de Mantemento de Infraestruturas do Concello de Ferrol intensifica hoxe a súa presenza na Zona Centro da cidade, onde ten previstas varias actuacións de reparación de beirarrúas. Dende “Misturas S.A”, empresa adxudicataria da nova prestación municipal, apúntase que a execución destas tarefas dependerán das condicións meteorolóxicas e que non afectan ao tráfico rodado no barrio da Magdalena.
Así as cousas, as beirarrúas en que está prevista a actuación do servizo de reparación son: a rúa Real cruce con rúa Lugo; a praza de España coa avenida de Vigo (tramo do edificio administrativo da Xunta de Galicia) e a rúa Igrexa con Terra (tramo da praza da Ilustración).











