O Punto Limpo recolleu máis de 430 quilos de residuos en xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O Concello de Neda deu a coñecer esta mañá o ba-lance de actividade do servizo de Punto Limpo no mes de xullo e avanzou que os veciños e veciñas da localidade fixeron entrega de 434,70 quilos de residuos. E, segundo o balance, os electrodomésticos encabezan o ránking de residuos en-tregados. Nesta liña, o Concello invita á cidadanía a continuar utilizando as insta-lacións, ubicadas na Estrada de Catabois, xunto ao cemiterio de Ferrol e frente ao Hospital Novoa Santos. O Punto Limpo permanece aberto de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 19,30 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas. Calquer veciño de Neda pode entregar os seus residuos acreditando o seu empadronamento a través da presentación do DNI.

O Punto Limpo é unha instalación especial onde depositar de forma gratuíta aqueles residuos que, polo seu gran volumen ou perigosidade, deben recibir un tratamento especial distinto do verquido. Así, no interior das instalacións existe un colector para cada tipo de residuo, de forma que a cidadanía ten claramente identificado onde debe facer cada depósito. ¿Que residuos se poden entregar? Dende aceites minerais e vexetais a electrodomésticos, aeorosois, baterías, es-combros, plásticos, tóner de impresoras, disolventes… Unha longa lista de ata 26 categorías diferentes.

12 de agosto de 2013 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.