O PTV Handstar queda fóra dos cuartos de final do Campionato de España nun triplo empate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalNigrán
A-
A+

Faltou moi poquiño para que O PTV Handstar, campión galego, rouzase a proeza no Campionato de España de Balonmán Praia. O conxunto galego nun puido clasificarse para os cuartos de final a pesar de gañar dous dos tres partidos do seu grupo. Nun triplo empate, o PTV resultou perxudicado por só un set de diferenza.

O PTV Handstar de balonmán praia é un equipo moi novo e deu una imaxe excepcional neste campionato, onde os galegos foron de menos a máis e amosaron que están medrando moi rápido. Comezaron o torneo perdendo contra o Balonmán Alxeciras, que foi o cuarto clasificado da Liga de torneos de España, pero os rapaces galegos non se rendiron e no segundo partido, contra o Cocoloco (campión catalán) lograron a vitoria por 2-1. O PTV finalizou a súa participación no seu grupo gañando ao Nothingam Miedo BM Sanse por 2-0.
 
Desgraciadamente, no triplo empate, veuse perxudicado e quedou fóra das cuartos de final. Pero o PTV Hadstar volve a casa coa cabeza moi alta e moi boas sensacións.

3 de agosto de 2013 | 21:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.