O profesor Martí Boada Junca visita Allariz
O profesor Martí Boada Junca, membro do Comité Científico de Reservas de Biosfera, visita Allariz para asinar un convenio de cesión de pequenas árbores descendentes de árbores monumentais.
Esta visita está programada para as 11 da mañá do martes 13 de agosto durante o Festival Internacional de Xardíns de Allariz, ao que tamén asistirán o Alcalde de Allariz, Francisco García Suárez e o Concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela.
Para máis información visitar a páxina web http://www.allariz.com/festival/











